Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Día da Paz

Imaxe
Este mural tan bonito, fíxose coas cometas que cada neno elaborou coa axuda das súas profes. Por outro lado, saímos ao patio e deixamos ir un globo co nome de cada clase... Mirade se aínda os vedes por aí ......:(:(

Pasión por la diferencia - Karin-Denise Schroder Eberbach

Imaxe
Nesas cousas que sempre temos pendentes de facer, igual podíamos ler este libro , e comentar . Que vos parece ?

No te detengas - Quinta esencia

Imaxe
Agardamos que vos guste!

Reflexionamos con Rozalén

Imaxe
Compartides a súa reflexión? Animádevos a comentar !

SOY YO, RAULE

Imaxe
SOY YO, RAULE Esperamos que vos guste e que a disfrutedes!

CHEA DE VIDA

Que mellor que escoitar a Guadi Galego co seu tema Chea de vida

A nosa bitácora faise visible.

Imaxe

Aulas Inclusivas- María Eugenia Pérez

Imaxe
Lede aquí o argumento, igual pode ser moi útil para toda a comunidade educativa! O coñecento non ocupa lugar !

Por cuatro esquintas de nada

Imaxe
Con este libro, conseguimos darlles ao noso alumnado unha visión clara da inclusión. Non perdades este vídeo! O libro témolo na biblioteca do cole, quen o queira pode pedírnolo!

MESTRAS E PERSOAL NON DOCENTE

Imaxe
As mestras, a conserxe e a coidadora tamén nos vestimos con algo de Nadal, e fixemos unhas fotos para conmemorar o fin do trimestre, desexarnos unhas boas vacacións e cargar pilas para volver a arrancar o 10 de xaneiro! A descansar !!!!!!!!!!

Reis Magos e chocolate con churros

Imaxe
Unha imaxe, vale máis que mil palabras .... Pasámolo REQUETEBÉN!!!!!!!!!!!!!

Árbore de Nadal

Imaxe
Grazas ás familias, temos esta árbore tan bonita. Cada lata foi decorada nunha casa, e con elas montouse esta árbore! Parabéns e grazas pola colaboración !

Obradoiro de galletas de Nadal

O pasado 16 e 17 de decenbro , todo o alumnado o xoves amasou as galletas de mantequilla e o venres estirouse a masa, deuselles a forma e levouse ao forno. Finalmente, empequetáronse en bolsas e foron de agasallo para as familias. Unha actividade, na que unha vez máis participamos todos! Grazas polo súa axuda a coidadora Maite e a nosa super conserxe Marta, que sempre poden con todo e colaboran con tanta ilusión coma a nosa ! Deixamos unha mostra , esperamos que vos guste e os vosos comentarios :):)!!!

Adornos Nadal Praza da Constitución

Imaxe
Un ano máis, a árbore da praza da Constitución , quedou así de bonita, cos adornos que fixo a comunidade educativa da EEi de Vilalba. Quedou así de bonita! sobran as palabras... Para chegar ata aquí, os tapóns pasaron por moitas mans: 1- As familias, que fixeron chegar o centro os tapóns. 2- A conserxe, a coidadora e varias mestras que selecionaron os tapóns por cores e tañamos, furaron os tapóns e pintaron. 3- O alumnado que pasou os tapóns polo alambre para darlle a forma. 4- O concello que colocou os adornos na Árbore. TAntas mans, fixeron unha inclusión total. Esta parte é a que non se colga, nin se pinta, pero si se recolle nesta bitácora.Parabéns a tódolos participantes!

Contacontos

Imaxe
Grazas a ANPA, disfrutamos con Trinke Trinque , e de Isabel Risco do contacontos "Families", por mor do Dia da Diversidade (3 decembro). Moitas Grazas por achegarno, ANPA, á cultura! Deixamos unha pequena mostra !