Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022
Imaxe
Outra canción para seguir co baile na casa !
Imaxe
A bailar e desfutar dun bo rato cos máis peques da casa !
Imaxe
< REcomendamos este libro para adultos, un dos máis comentados e vendidos nestes últimos meses. xa contaredes o que pensades !

Como lidiar con personas tóxicas.

Imaxe
Da man de Mariam Rojas , deixamos este vídeo do que se poden sacar moitas cousas que igual pasamos por alto!. Agardo que vos guste!

Monstruo de cores

Imaxe
Os pequerechos do cole, están traballando o Mostruo de cores, con actividades super chulas- Fixádevos que cousas tan chulas fan: As fotos que vos deixo son de 3 anos B, da mestra Marta

Contos emotivos

Imaxe
A mestra Oliva, anda contando contos supoer emotivos polas aulas . Deixamos algunhas fotos de onte na aula de 4 anos de Iria. Que pensades?

Caras

Imaxe
Mirade que caras máis lindas leva a mestra de Audición e Linguaxe polas aulas! Xogamos con eles a poñer caras tristes, contestos,disgustados, enfadados, asustados, amedrentados ,... E co pau que se lle puxo, podemos poñelo diante da cara e escondernos detrás deles . Pasámolo pipa! Opinade!

Bitácora

Imaxe
Mandamos hoxe esta nota para promocioar a nosa bitácora entre toda a comunidade educativa do centro.

Canción "Si estás feliz" en LSE

Imaxe
Fixadevos que canción tan EMOCIONANTES, traballan as profes neste cole !

Libros no rincón dos avós

Imaxe
Temos no rincón dos avós, dúas estanterías con libros con dúas temáticas vencelladas aos temas que estamos traballando: as emocións e as familias. Gústavos? Opinade!

Novedades no rincón dos avós

Imaxe
Pouco a pouco e coa colaboración das mestras, cada día temos máis bonito o rincón dos avós. Rincón que vas disfrutar netos e bisnetos co seu respectivo. Iremos dando conta de cada visita,nos seguintes días .

MENÚS COMEDOR

Imaxe
Na nosa escola para facer o comedor máis inclusivo, poñemos o menú diario que imos ter . O comedor é xestinonado polo Concello, pero colaboramos na visualización dos menús e en facer do momento de comer un espazo ameno e inclusivo. Hai algúns nenos que recelan o momento do comedor ! Deixamos mostras dos nosos expositores, temos un cerca das aulas de 3 anos e outro cerca das aulas de 4 e 5 anos . Gústanvos?

Mural EMOCIÓNA-T

Imaxe
Este curso 22- 23 imos inciarnos a traballar dentro do programa CP EMOCIÓNA-T. No mes de setembro arrancamos con este mural. Fixeron os nenos de 4 e 5 anos un debuxo de como se sentían o primeiro día de clase : tristes, nerviosos, contentos, enfadados ,... Aquí deixamos mostras dos resultados . Que vos parece?

ESMUVI

Imaxe
En setembro contamos cun concerto de música moi especial. Os profes de ESMUVI viñeron cos seus instrumentos a facernos bailar e pasar un ratiño super agradable . Grazas por vir !

Rincón dos maiores.

Imaxe
Mirade que espazo tan bonito temos para acoller as visitas dos maiores das familias. Cada mestra -e aportou co que tiña oola casa ou sabía facer: debuxar, pintar, traer sofás, butacas, mesas ,... Quedou así de bonito ! Achegas e suxerencias que nos poidades facer, estaremos encantandos de lelas!

Avós e avoas , bisavós e bisavoas

Imaxe
Este curso, temos un gran proxecto que se chana "Os nosos maiores". unha das actividades inclusivas e emoiconantes é que os avós -as, bisavós e bisavoas, veñan ao noso cole visitarnos e facer algunha actividade. Este é o cartel que mandamos as familias. Xa empezaron as primeiras visitas, non o perdades en posteriores entradas .

CURSO 22-23

Imaxe
Este curso, arrancamos aínda con máis forza. A parte do iNCLÚE-t imos trallar as emocións no espaxo de EMOCIONA-T. A inclusión e as emocións van da man, é por iso que imos facer deste blog un espazo único para ir publicando aquelas actividades dos nosos programas. Agardamos que vos gusten e que participedes connosco, ben cun sorriso, cun gústame, cun comentario... libremente podedes facer como mellor vexades - Grazas de antemén e empezaremos a pedir colaboracións das familias, da ANPA e do Concello. Arrancamos !!!!!!!!!!!!

Tanxugueiras

Imaxe
Tal e como poidemos disfrutar nas Festas de San Ramón , As Tanxugueiras trouxeron intérpretes de signos para facer máis accesible a música a toda Vialba e a todos os concellos que se achegaron a velas. Parece increíble que en pleno século XXI sexa noticia signar as cancións. Aínda así aplaudimos a medida do Concello de Vilalba.