Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Teatro de sombras

Para commemorar o día do libro , fixemos unha actividade inclusiva para todo o alumnado , do conto Brancaneves e os 77 ananos de Xerais. Deixamos mostra do acontecido. Grazas as colaboradoras: Marta a conserxe recortando e plastificando, a nosa super PT Belén Ramudo que organizou todo en tempo récord, e a narradora Claudia Pernas AL. Descargade o álbum de fotos.

"Yo Estoy Muy Orgulloso" (Canción sobre a Diversidade)

Imaxe
Esperamos que vos guste ! A desfrutar !

Educación inclusiva en las aulas

Imaxe
Autora: Maria Antonia Casanova Neste libro atopamos un modelo de educación inclusiva nas aulas. Fai especial fincapé na metodoloxí e na avaliación como elementos base da educación inclusiva. Sempre se sacan máis cousas positivas que negativas dunha lectura, que igual hoxe non empregamos pero mañá ou no curso pŕoximo si. Animémmonos a lelo ! E non vos esquezades de opinar !

2 de abril día do autismo

Imaxe
Así adornamos as escaleiras , cada alumno fixo un debuxo de como se sentía feliz , co lema "unha feliz viaxe pola vida "

Restaurando cociñas e mercados

Imaxe
Encontrámonos con que había cociñas e mercados, moi gastados , entón empezaron a cavilar as cabezas ... Que podemos facer ? RESTAURALAS !!!!! O proceso foi este: Nos últimos retoques: E a entrega nas aulas ao alumnado: Foi un proceso laborioso, non que aproveitamos a media hora do tentempé, 1 hora antes de entrar, gardas que non tivemos,... Pero foi unha labor ben aproveitado, onde se intercambiaron opinións, se falou , se escoitou e nos uniu na meta final: o alumnado da nosa escola. Agradecer públicamente, a coidadora Maite, a conserxe Marta, a Lucía da empresa de limpeza e a Belén que colaboraron comigo neste traballo tan interesante. Para nós a inclusión ten que iniciarse e rematarse dentro de TODA a comunidade educativa, se só a aplicamos no noso grupiño de nenas e nenos o proceso non é completo. Xa estamos con moitas ideas na cabeza, a volta da Semana Santa , estade atentos que haberá cousas chulas !!!!!!!!!!!!!

Contacontos TITIRITEIRO...

As mestras de PT, AL e unha futura mestra ideamos este conto de Carapuchiña: Un velliño conta o conto, sen medos e sen sustos , e os títeres de Carapuchiña, lobo, leñador e avoiña o resto. Este foi o resultado!!!!! Quen adiviña quen é cada profe? :):) Deixamos este vídeo, e admitimos suxestións

Portas abertas

Imaxe
Así acollemos no noso centro os días das portas abertas, para aquelas familias que estiveron interesadas en coñecer a nosa escola. Grazas por asistir!

Entroido " Érase unha vez..."

No noso cole, este entroido, saimos polas rúas de vilalba ata o Auditorio. Cada aula disfrazouse dun conto, e o persoal docente e non docente mezcláronse polas aulas . O mellor de todo? que cada nena e cada neno puido escoller o personaxe que quixo ser, independentemente do seu sexo. Sempre na busca do que persiguimos INCLUSIÓN! Mirade que ben recolle o Progreso o noso proxecto ( grazas ao medio informativo!) . (Pedimos desculpas porque pensamos que tiñamos publicada esta entrada e quedou no borrador, saltou a lebre hoxe día 3 abril :):))