Encontrámonos con que había cociñas e mercados, moi gastados , entón empezaron a cavilar as cabezas ... Que podemos facer ? RESTAURALAS !!!!! O proceso foi este: Nos últimos retoques: E a entrega nas aulas ao alumnado: Foi un proceso laborioso, non que aproveitamos a media hora do tentempé, 1 hora antes de entrar, gardas que non tivemos,... Pero foi unha labor ben aproveitado, onde se intercambiaron opinións, se falou , se escoitou e nos uniu na meta final: o alumnado da nosa escola. Agradecer públicamente, a coidadora Maite, a conserxe Marta, a Lucía da empresa de limpeza e a Belén que colaboraron comigo neste traballo tan interesante. Para nós a inclusión ten que iniciarse e rematarse dentro de TODA a comunidade educativa, se só a aplicamos no noso grupiño de nenas e nenos o proceso non é completo. Xa estamos con moitas ideas na cabeza, a volta da Semana Santa , estade atentos que haberá cousas chulas !!!!!!!!!!!!!