Se queredes falar de diferenzas ao máis pequechos, este conto vaivos gustar, Isabelle Carrier fala dun neno que ten dificultades, cualidades, problemas,... Animádevos a lelo con eles e comentade
Abrimos as actividades, con este mural tan bonito de EMOCIONA-T! Cada neno pintou a súa cara con acuarela. Cada un puxo a cara que quixo para sacar a foto: triste, contento, nervioso, asustado, contento,.. Quedou impresionante. Fíxose na primeira semana de escola , o alumnado de 4 e 5 anos. Gústavos ?
Xa estamos de volta!!!!!!!!!!!!!!!! Con moitas ganas, ilusións e proxectos. Este curso daremos continuidade nesta bitácora ao CP Inclúe na modalidade do Inclúe-T e na do Emocióna-T- E imos pedir do CP Innova o EDUSaúde. Do que tamén vos iremos dando conta das cousiñas que se van ir facendo co alumnado.