Xa levamos desde comezos do curso, ensinándovos cousas de como se foi montnndo o que lle chamamos na nosa escoliña o rincón dos nosos maiores. Neste rinconciño, todas as semanas acoden avoas e avós, voluntariamente, a facer algunha actividade para a súa neta ou neto cos seus compañeiros da auala. A actividade faise do seguinte xeito: - As avoas e os avós collen día e hora. -Acoden ao centro e xunto co seu neto van ao rincón dos nosos maiores. Acomodámonos cos compañeiros e compañeiras desa aula . -Preséntase o avó ou avoa. co seu nome e co que nos queira contar (profesión,onde vive, se ten máis netos,...). -Despois a neta ou neto refenciado, presenta aos seus compañeiros e a profe encargada desta actividade que é a mestra de Audición e Linguaxe : Claudia. -Dá comezo a actividade proposta pola avoa ou avó. -Finalmente cantamos unhas cancións que todos sabemos. E... antes de marchar, faise unha visita a a aula da nena ou neno. Os obxectivos que se perseguen, son poucos e claros: