Actividade dedicada aos nosos maiores
Xa levamos desde comezos do curso, ensinándovos cousas de como se foi montnndo o que lle chamamos na nosa escoliña o rincón dos nosos maiores.
Neste rinconciño, todas as semanas acoden avoas e avós, voluntariamente, a facer algunha actividade para a súa neta ou neto cos seus compañeiros da auala.
A actividade faise do seguinte xeito:
- As avoas e os avós collen día e hora.
-Acoden ao centro e xunto co seu neto van ao rincón dos nosos maiores. Acomodámonos cos compañeiros e compañeiras desa aula .
-Preséntase o avó ou avoa. co seu nome e co que nos queira contar (profesión,onde vive, se ten máis netos,...).
-Despois a neta ou neto refenciado, presenta aos seus compañeiros e a profe encargada desta actividade que é a mestra de Audición e Linguaxe : Claudia.
-Dá comezo a actividade proposta pola avoa ou avó.
-Finalmente cantamos unhas cancións que todos sabemos.
E... antes de marchar, faise unha visita a a aula da nena ou neno.
Os obxectivos que se perseguen, son poucos e claros:
* Incluír aos maiores na educación e nas escolas.
* Emocionarse con eles.
* Aprender da súa sabiduría.
* Estimular a linguaxe en grao máximo. Todos participamos e todos temos cousas para contar e ser escoitados. Algo moi moi importante nos días que corren.
A experiencia é moi moi boa, un ratiño no que tanto grandes coma pequenos facemos cousas que de verdade queremos facer.
Grazas a todas as familias pola excepcional participación e tan bo recibimento da actividade. E a todo o pesoal docente (coidadora, conserxe, mestras e meste) que axudan e colaboran incansablemente.
Como recompensa a pequenos e maiores, vaise deixar un vídeo ( humilde e caseiro) de tódolos nenos que teñen autorizada a imaxe.
Gustaríanos ver comentarios e agardamos que vos gusten !.
Comentarios
Publicar un comentario