o pasado venres 16 de xuño as 18.00 celebrouse na nosa escola a graduación de 6º, un acto emotivo e inclusivo no que houbo momentos moi tenros .
Para o alumnado reamata unha etapa e comeza outra. Os nosos mellores desexos para tod@s!
Este curso fumos admitidos nun progama novo que sacou a Consellería que se chama PIE (Programa de Inclusión Educativa).Participamos en dúas modalidades: -Reforzo da inclusión educativa e -Promoción do benestar emocional. Que como sabedes, xa o viñamos facendo nestes últimos cursos. Aquí irase dando conta das numerosas actividades que se están a realizar diariamente nas aulas. Agardamos a vosas visitas e a vosa participación activa.
No noso cole, este entroido, saimos polas rúas de vilalba ata o Auditorio. Cada aula disfrazouse dun conto, e o persoal docente e non docente mezcláronse polas aulas . O mellor de todo? que cada nena e cada neno puido escoller o personaxe que quixo ser, independentemente do seu sexo. Sempre na busca do que persiguimos INCLUSIÓN! Mirade que ben recolle o Progreso o noso proxecto ( grazas ao medio informativo!) . (Pedimos desculpas porque pensamos que tiñamos publicada esta entrada e quedou no borrador, saltou a lebre hoxe día 3 abril :):))
As mestras, a conserxe e a coidadora tamén nos vestimos con algo de Nadal, e fixemos unhas fotos para conmemorar o fin do trimestre, desexarnos unhas boas vacacións e cargar pilas para volver a arrancar o 10 de xaneiro! A descansar !!!!!!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario