Residencia de maiores de Vilalba

O pasado 2 de xuño , tivemos unha visita moi especial, un grupo de maiores da Residencia de Vilaba viñeron facer un obradoiro con materiais reciclados . Nos patios, montronse dous grupos, onde os maiores axudaron a pintar e dar forma a un lapiceiro moi chulo. Intercalouse un maior con un pequeno e así poideron compartir e conversar entre eles. Finalmente o alumnado de 3 anos, fixo un baile con pandeiretas para recompensar a súa visita. Como non podía ser doutro xeito, houbo un detalle para cada visitante: unha rosa amarela. A xornada rematou bailando no patio. Se eu como docente, tivese que escoler unha actividade de todo o curso, quedaríame con esta.Os motivos son que inclúe, emociona, hai conversa e igual se aprende máis que un día de clase normal. Tanto se estades de acordo coma senón, opinade !

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Samaín