Grazas a ANPA e seguindo co programa de Educar en igualdade que levan a cabo no mes de novembro, onte tivemos un contacontos moi chulo.
Gustounos moito e aprendemos un montón de cousas.
Este curso fumos admitidos nun progama novo que sacou a Consellería que se chama PIE (Programa de Inclusión Educativa).Participamos en dúas modalidades: -Reforzo da inclusión educativa e -Promoción do benestar emocional. Que como sabedes, xa o viñamos facendo nestes últimos cursos. Aquí irase dando conta das numerosas actividades que se están a realizar diariamente nas aulas. Agardamos a vosas visitas e a vosa participación activa.
Este curso, en colaboración coa asociación ASPNAIS de Lugo, recollemos tapóns. Necesitamos da vosa axuda para recoller o maior número posible de tapóns. Podedes vir traelos ou mandalos polo alumnado. Grazas!
Comentarios
Publicar un comentario