Esta semana a mestra de Audición e Linguaxe, Claudia, anda cunha barcas de papel de periódico que lle fixo a mestra Oliva, e o alumnado está mirando se as barcas navegan na súa barriga ou non e salvo pequenos naufraxios, van vento en popa!
Este curso fumos admitidos nun progama novo que sacou a Consellería que se chama PIE (Programa de Inclusión Educativa).Participamos en dúas modalidades: -Reforzo da inclusión educativa e -Promoción do benestar emocional. Que como sabedes, xa o viñamos facendo nestes últimos cursos. Aquí irase dando conta das numerosas actividades que se están a realizar diariamente nas aulas. Agardamos a vosas visitas e a vosa participación activa.
Sobran as palabras e a literatura. Parabéns ao profesorado que organizou todo e especialmente a Ana e a Iria titoras do alumando que se graduou. Remata unha etapa e empeza outra---
Comentarios
Publicar un comentario