O pasado 2 de xuño , tivemos unha visita moi especial, un grupo de maiores da Residencia de Vilaba viñeron facer un obradoiro con materiais reciclados . Nos patios, montronse dous grupos, onde os maiores axudaron a pintar e dar forma a un lapiceiro moi chulo. Intercalouse un maior con un pequeno e así poideron compartir e conversar entre eles. Finalmente o alumnado de 3 anos, fixo un baile con pandeiretas para recompensar a súa visita. Como non podía ser doutro xeito, houbo un detalle para cada visitante: unha rosa amarela. A xornada rematou bailando no patio. Se eu como docente, tivese que escoler unha actividade de todo o curso, quedaríame con esta.Os motivos son que inclúe, emociona, hai conversa e igual se aprende máis que un día de clase normal. Tanto se estades de acordo coma senón, opinade !
O pasado 31 de outubro, celebramos o Samaín . Un curso máis cunha medida inclusiva para todo o alumnado e todo o persoal docente e non docente : unha cinta moi bonita na cabeza, que ao rematar a mañá todos levamos para a casa . Cantaron estas cancións de inglés : Un grupo de mestres da escola representaron o conto "UNha extraña visita" , facendo unha versión inclusiva, deixamos o vídeo para o seu visionado: Nas aulas fixéronse estes adornos, que se colgaron na entrada da escola. Exposición de cabazas elaboradas polas familias nas casas: Para compartilo coas familias vaise mandar esta nota por WhatsApp:
Comentarios
Publicar un comentario